Seleccionar página

Este restaurante é un pop up que abre só do 15 ao 30 de agosto ao agocho do Barbeira Season Fest. É unha acción de turismo Rías Baixas que lidera Rafa Centeno e o seu equipo para desfrutar da frescura do mar e da terra que proporcionan os produtos galegos de calidade.

En qué consiste o Restaurante mais pequeno do mundo

Trátase dunha experiencia para apenas 10 persoas que comparten mesa e un menú degustación creado, elaborado e servido por Rafa Centeno. Un reservado nas plantas superiores de Villa Rosa, en Baiona acolle o evento, con vistas ao mar e tódolos servizos dun restaurante, nun servizo moi especial, no que o Chef se presénta moi cercano e todo o seu equipo axuda a conquerir un ambiente relaxado e festivo.

O especial desta iniciativa

Este restaurante efímero, é moi especial e a experiencia non ten nada que ver con comer en ningún outro lugar. Debedes ter en conta que non se coñece nin o menú, nin aos compañeiros de mesa, polo que pode pasar de todo.

No noso caso todo se deu moi ben, non había ningunha intolerancia (pódese avisar por mail), pero un pequeno comentario sobre o gusto bastou para que nos fixeran unha adaptación dun prato.

O grupo funcionou moi ben, todos nos presentamos e enseguida apareceron coincidencias en domicilios, profesionais e todos tiñamos curiosidade polos demais. En definitiva, un momento único.

A relación co equipo do servizo foi inmellorable, especialmente con Alex, encargado das bebidas, e claro, con Rafa, que estivo sempre solícito para contestar as nosas dúbidas e para falar de cociña, de productos e de receitas. ¡Incluso contándonos a súa evolución como cociñeiro!

O Menú degustación

Aperitivos

Anchoa, millo e sementes

Tartar de tenreira galega Traloagro, parmesano e berros

Cremoso de Bacallau e tomate

Bocata de cabracho e algas – presentase nun éclair (bocado de pasta choux) cun topping de crema de codium –

Pratos

Navalla, vermut branco Sardino, coco e cítricos

Bonito do norte marinado, seleccionado por Mariskito e pemento de Padrón.

Ovo Campomayor a baixa temperatura e fondo da ría vexetal (revolto de algas) con migas de pimentón de aceite de tomillo.

Pescada do día seleccionada por Mariskito con salsa tártara de leituga do mar e caviar.

Bogavante a ría, seleccionado por Mariskito.

Peza de porco ecolóxico Traloagro especiada con iogur ecolóxico de Casa Xanceda. (Hai que adiviñar o corte da carne)

Sobremesas

Torta cítrica

Queixo do cebreiro e froita da paixón

Selección de viños

La Mar. Caíño branco de Terras Gauda. D.O. Rías Baixas.

Albariño do Rosal de Altos de Torona. D.O. Rías Baixas.

Regina Viarum Godello. D.O. Rías Baixas.

Manolo Arnoya, Mencía envellecido 6 meses en barrica, de Rectoral de Amandi. D.O. Ribeira Sacra.

Selección de Cervexas

Maestra de Mahou

Mahou cinco estrellas

Mahou session IPA