Este conxunto de experiencias que supón o proxecto saborearte ten coma finalidade promover o camiño de Santiago portugués pola costa, a través do coñecemento dos productos alimentarios de cada zona pola que pasa, pero baixo a óptica que a fotografía gastronómica aporta a una difusión elegante e moderna.
Organizado por Oh my Word! e co pulo nas imaxes de Adolfo Enríquez e nas cociñas de Miguel Mosteiro, de Gastro Lab Arousa saborearte no camiño ten cinco paradas: O Rosal, Soutomaior, Portas, Valga e Padrón. En cada unha delas os productos locais son tratados con agarimo e por grandes profesionais, dando coma resultado un conxunto de platos, que son fotografiados co gallo de facer una exposición posterior e aportar a importancia que merecen as imaxes gastronómicas.
En cada parada, un showcooking liderado por Miguel Mosteiro, convida a cociñeiros locais a compartir novos platos e maridaxes cos viños de cada lugar. Adolfo Enríquez tamén ten participación activa e fai unha explicación ao público certamente interesante sobre a fotografía de gastronomía.
El faro gastronómico puido asistir ás dúas primeiras paradas en O Rosal e en Soutomaior, nos que puidemos degustar os seguintes pratos:
‘Gin ostra’, por @miguelmosteiro
‘Ensalada líquida de tomate con ameixas e alga codium’ e ‘Pan frito de codium con anguía afuma, cun toque de maionesa asiática’, por @fransotelino
‘Escuma de amorodos e albariño con crema de requeixo e pétalos de camelia caramelizada’, por @rebeca_moares
Nos idílicos xardíns da escola de hostelería do Baixo Miño, no Rosal os pratos consistiron en:
Salmón con gnocchis de grelos de @miguelmosteiro,
Risotto con anguía afumada de Saúl Castiñeira
Polbo á grella con allada de Alberto Sanmartín
Mirabeles con xel de albariño de @rebecamoares
Novas paradas terán coma resultados novos pratos que Adolfo Enríquez capturará para facer una exposición final con tódalas imaxes do percorrido gastronómico. Esperamos poder vela e traervos parte das mellores fotos a este blog.