Seleccionar página
  • Liderado por Goretti Álvarez e polo chef Alberto G. Prelcic, o novo espazo gastronómico abre as súas ventás á ría este sábado 27 de xuño.
  • A proposta, integrada no hotel AC Palacio Universal, recupera a mítica e histórica terraza de Montero Ríos como un espazo dobre: unha zona de bar terraza para tomar algo e outra dedicada a xantares e ceas.
inauguración de la terraza del universal en Vigo

VIGO, 25 de xuño de 2026. — O panorama gastronómico e urbano de Vigo prepárase para vivir un dos seus fitos máis agardados da tempada. O vindeiro sábado 27 de xuño, ás 12:00 horas, o Grupo Silabario abre oficialmente ao público o Universal (Rúa de Cánovas del Castillo, 28), un proxecto que supón o renacemento dun dos enclaves máis emblemáticos da fachada marítima da cidade.

Baixo a dirección de Goretti Álvarez e co selo inconfundible do chef Alberto G. Prelcic na cociña, o Grupo Silabario extende a súa filosofía cara a un modelo dinámico, aberto e conectado co pulso da rúa. Memoria histórica e o renacemento do bar terraza O Universal reinterpreta o espírito do histórico local cunha mirada contemporánea. Situado a pé de rúa e integrado no hotel AC Palacio Universal, o espazo foi redeseñado para abrir de par en par as súas ventás á ría e formar parte natural do ritmo social de Vigo.

alberto G  prelcic inaugura a terraza do universal

A gran novidade desta apertura é a recuperación da súa icónica terraza na rúa Montero Ríos, un espazo que permaneceu sen actividade durante moitos anos e que agora volve latexar baixo o concepto de bar terraza. Para adaptarse a cada momento do día, a terraza contará con dous ambientes claramente diferenciados: unha zona máis informal deseñada específicamente para relaxarse e tomar algo ao aire libre, e outra área dedicada en exclusiva a xantares e ceas fronte ao mar.

Tanto Goretti Álvarez como o chef Alberto G. Prelcic coinciden en que este paso supón un fito cargado de emoción e responsabilidade: “Hai enclaves que forman parte directa da memoria colectiva de Vigo, e o Universal é un deles. Para nós, asumir a xestión deste espazo integrado no hotel AC Palacio Universal supón un orgullo, pero tamén un reto. Recuperar a vida da súa icónica terraza en Montero Ríos era unha débeda que queriamos saldar coa cidade. A nosa ilusión é que o Universal sexa unha casa acolledora e accesible para todo o mundo; un lugar onde convivan quen programa un xantar especial con quen improvisa un tardeo fronte á ría sen necesidade de reserva previa”.

Tradición, vangarda e flexibilidade na mesa No plano culinario, Alberto G. Prelcic traslada o rigor técnico a un formato máis directo e informal baseado en racións escollidas, pensadas para situar no centro da mesa e compartir. A proposta gastronómica destaca por conectar con mestría a tradición galega con sutís toques de vangarda, partindo sempre dun produto atlántico impecable.

Para garantir a mellor experiencia posible, desde a dirección recoméndase sempre reservar con antelación para asegurar a dispoñibilidade de mesa, o cal pódese facer chamando ao teléfono +34 680 82 87 64. Aínda que o restaurante ten previsto deixar sempre algunhas prazas libres para a improvisación e para os clientes que decidan entrar de forma espontánea mentres pasean por Montero Ríos, a reserva previa será a mellor opción para evitar esperas.

A carta, as actuacións musicais – a primeira será a de Adrian Timms este sábado 27 ás 20 horas – e demais novidades iranse compartindo na conta de Instagram do restaurante @universalvigo O restaurante Universal funcionará cun horario ininterrompido de 12:00 a 00:30 horas, de martes a sábado, converténdose nun refuxio gastronómico acolledor onde conectar coa mellor cociña e os solpores sobre a ría.